Estimado Veciño/a Como xa sabes este ano preséntome como candidato á Alcaldía de Nigrán polo Partido Socialista (PSOE) no que levo traballando moitos anos e nos últimos catro como Concelleiro en distintas áreas municipais como Urbanismo, Facenda e Cultura, no equipo do noso Alcalde Efrén Juanes.
Catro anos de goberno socialista que conseguiron devolver a paz social e borraron esa imaxe dun Nigrán vinculado á corrupción urbanística e as malas prácticas de goberno; catro anos que serviron para que Nigrán estabilizara a súa capacidade económica despois de que o PP deixara o teu concello ao borde da quebra. Catro anos nos que fomos quen de defender os intereses de Nigrán ante a Xunta e o Goberno de España para solicitar inversións e corrixir grandes eivas no desenrolo do Parque Empresarial de Porto do Molle como a mellora da conexión coa autoestrada. Catro anos nos que puxemos en marcha o Polígono Empresarial de Porto do Molle e iniciamos os acordos coas futuras empresas para cumprir así o noso compromiso para conseguir postos de traballo para os veciños e veciñas de Nigrán. Catro anos nos que demos os pasos firmes para que Nigrán teña un Plan Xeral feito con transparencia e coa participación de todas as entidades veciñais. Catro anos nos que fixemos grandes inversións medioambientais como a ampliación da rede de saneamento nas parroquias, a recuperación dunar, recuperación do Río Muíños, a conversión de vertedoiros en zonas verdes ou o arranxo da depuradora, para mellorar a calidade das nosas praias. Asemade fixemos un gran esforzo inversor na humanización de rúas e prazas, nos colexios e centros educativos, en servizos sociais, en emprego ou mesmo en cultura coa construción do tan desexado Auditorio de Nigrán e do novo edificio do concello.
Los servicios jurídicos del Concello de Nigrán estudian la fórmula para reclamar ante los tribunales que se abra una investigación con el fin de esclarecer si las arcas municipales corrieron con gastos propagandísticos de la anterior campaña electoral del PP. El alcalde, Efrén Juanes, informó ayer de la iniciativa, que podría canalizarse a través de la Fiscalía o del Juzgado de lo Contencioso Administrativo, tras recibir esta semana la sentencia firme del Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que exonera al Ayuntamiento de abonar los 19.140 euros que la agencia de comunicación Ecovigo reclamaba a la Administración municipal por varios trabajos calificados como "estrategia de comunicación" realizados durante el mandato del exregidor Alfredo Rodríguez.